domingo, 9 de xuño de 2019

A miña última entrada.

Ola!

Bueno, agora seguramente xa seredes uns bos peregrinos!

Esta pode que sexa a miña última entrada. Espero que o pasásedes ben con este blog e aprendérades moitas cousas. Eu o fixen con toda a alegría do mundo e con moitas ganas de ensinarvos as cousas do camino. O pasei xenial e creo que vós tamén 😂.

Grazas a todos e ao mellor dentro de pouco volvo. Estade moi atentos!
Carlota Mariño Sanz.

Mochila do camino na catedral de Santiago / Imaxe de Pixabay

sábado, 8 de xuño de 2019

Teléfonos de interese.


OLA DE NOVO!

Hoxe vos quero ensinar algún números de teléfono aos que podedes chamar cando o necesitedes o por emerxencia.

SOS GALICIA E PROTECCION CIVIL:   112
URXENCIAS E URXENCIAS MÉDICAS:   061
OFICINA DE TURISMO DE A CORUÑA:   981 221 822
OFICINA DE TURISMO DE LUGO:    982 231 361
OFICINA DE TURISMO DE OURENSE:   988 372 020
OFICINA DE TURISMO DE PONTEVEDRA:   986 850 814
OFICINA DE TURISMO DE SANTIAGO:   981 584 081
OFICINA DO PEREGRINO:   981 568 846
ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA:   981 542 416
AEROPORTO DE SANTIAGO (LAVACOLLA):   981 547 501
CONCELLO DE SANTIAGO:   981 542 300

Centreime nos números de teléfono próximos a Santiago de Compostela, xa que son os máis utilizados.☻


Teléfono / Imaxe de Pixabay

Normas de utilizacion da Rede de Albergues do Camiño.

BOAS!!😃



Hoxe vou falar sobre as normas de utilización nos albergues da Rede de albergues públicos en Galicia, que terán que cumprir os peregrinos.

  • Teñen prioridade as persoas que teñan limitacións físicas. Logo irán os/as que fixeron o camiño a pé, logo a cabalo, bicicleta e por último as persoas con coches de apoio. 
  • Só poden estar unha noite salvo por causa de forza maior
  • Non se pode reservar, a habitación ocuparase cando chegues ao albergue.
  • A estancia máxima é dunha noite. Á mañá seguinte iranse os peregrinos ás oito.
  • As luces apáganse ás 22:30 (a excepción de espazos comúns).
  • Auga quente e roupa de cama.
  • Deberás coidar as instalación, deben estar aseadas e ordenadas. A roupa secarase nos tendais e non se pode malgastar auga nin luz.
  • Tes que botar o lixo en colectores.
  • Esta prohibido fumar dentro do albergue, terás que saír fora.
Roupa de cama / Imaxe de Pixabay


venres, 7 de xuño de 2019

Recordos do camiño.


Agora vouvos falar sobre os típicos recordos que te levas do camiño.

Son:

O típico bastón ou pao que te axuda mentres fas o camiño, é moi útil para subir costas, disto xa falei noutros blogs. Mentres fas o camiño vaslle colgando cousas, coma unha cuncha . A cuncha sole ser dunha vieira. É branca e sole ter unha frecha vermella o ás veces amarela para indicar o camiño. E un recordo moi bonito e pode que o máis coñecido. Tamén podes coller pulseiras do camiño, que as podes levar postas de recordo. Un recordo moi bonito pero non tan coñecido é o boneco de peregrino. E un home vestido de marrón, cun abrigo que ten unha capucha e cun bastón. Dise que así foi como ía o apóstolo Santiago vestido mentres facía o camiño. Tamén podes comprar una taza  de Santiago de Compostela. O mellor recordo que podes ter é o recordo que tes cando fas o camino de Santiago con xente a quen queres.

Imaxe de bastóns e cunchas / Imaxe de Pixabay


Sitios que visitar en Santiago de Compostela.

Ola mundo!

Hoxe vouvos dicir qué podedes visitar cando cheguedes a Santiago de Compostela.


O sitio mais coñecido, e eu creo que o mais importante é A Catedral de Santiago de Compostela. Nela está o Apóstolo Santiago. Cando entras, podes ir á misa, onde tamén van moitos habitantes de Santiago, ou facer outras actividades.

 Unha das actividades é ir a darlle unha aperta á figura do apóstolo. A figura ten un manto cheo de xoias de moitas cores. Meu pai sempre me di que en realidade ese é un manto de mentira, o de verdade o teñen gardado xa que lle quitaban as xoias que valían moito diñeiro e as roubaban.

Tamén podesdes ir a ver á tumba do apóstolo. Está baixo terra e hai unhas escaleiras para poder baixar. Ás veces hai xente orando fronte a tumba. Sempre hai moita fila e tes que esperar moito, pero vale a pena.

Fóra de Santiago hai tamén moitos sitios que visitar, museos, prazas,...
Eu recomendo ir a visitar a praza de Platerias, que é moi bonita e ten unha fonte moi chula, ou a praza da Quintana, que tamén é moi bonita.



Praza da Quintana / Imaxe de Pixabay


Aloxamentos en Santiago de Compostela.

Ola!!

Cando chegas a Santiago o primeiro que pensas é ónde aloxarte disto vai ir este blog.

Normalmente os peregrinos van a aloxarse a albergues, xa que é mais económico, pero tamén podes aloxarte en hoteis.

Hoxe vou falar dos albergues. Solen valer cinco, seis ou sete euros por persoa, dependendo os días que queres estar alí. Os albergues solen ser amplos e con bastante capacidade, xa que en cada habitación caben moitas persoas porque dormen en liteiras. Alí tamén hai aseos con duchas e lavabos. Tamén hai un comedor onde comen todos os peregrinos e conversan entre eles. Os albergues son moi bos para relacionarse, xa que hai moitas persoas e de diferentes nacionalidades. Sinceramente eu recomendo os albergues antes cos hoteis, por que cando eu fixen o camiño aloxeime nun deles e o pasei xenial.
Imaxe das liteiras / Imaxe de pixabay

martes, 4 de xuño de 2019

Noticia Inventada. O Camiño de Santiago pasa pola Pobra.

A POBRA DO CARAMIÑAL PARTICIPA NO CAMIÑO DE SANTIAGO.


As rúas da Pobra do Caramiñal formarán parte do Camiño de Santiago.

Postes que se porán para sinalizar
o Camiño de Santiago/ Imaxe de Pixabay.   

Carlota Mariño 04062019 A Pobra do Caramiñal ás 18:30.

Dende hai dous anos, a asociación Amigos do Camiño, estaba levando a cabo un proxecto que consistía en facer coñecer a Pobra, porque dende fai anos, perdeu turismo, e a mellor maneira de facela coñecer é a través do Camiño de Santiago.
 Na asociación están presentes unha parte das persoas que participan na igrexa Santa María a Antiga do Caramiñal, e tamén unha parte de persoas voluntarias, habitantes da Pobra.
Dende fai un mes, conseguiron todos os permisos para que o Camiño de Santiago pase pola Pobra. O día 30 de Maio, púxose en marcha todo
Están postas unhas rutas que pasarán, por exemplo, polas piscinas naturais, polo museo Valle Inclán, polo paseo do Areal, etc. Hai postes para sinalizar o camiño e tamén tendas onde comprar bebida ou alimento. Puxeron un albergue no medio da Pobra onde poden descansar os peregrinos.
Maria Ríos, participante na asociación coma voluntaria dí:               
-Creo que isto será un bo proxecto para a Pobra. Todos queremos que este sexa un sitio para recordar e volver a vir para volver a disfrutar del. Non foi doado conseguir os permisos pero coa axuda dos meus compañeiros todo foi máis doado. Teño que dar as grazas aos Policías Nacionais, xa que facilitáronnos moitas cousas. Isto é un gran paso para A Pobra do Caramiñal.
Xurxo Dieste, policía nacional, nos explica:
-Dende fai dous anos, comezaron este novo proxecto, e nós quixemos axudar con moitas ganas xa que e unha moi boa oportunidade para o pobo. Foi duro, pero grazas ao esforzo todo saíu ben.




Razóns para facer o Camiño.

OLA A TODOS E TODAS!


Hoxe vos quero falar sobre as razóns que di a xente de por que fai o camiño de Santiago. 
Como noutros blogs dixen, oficialmente pódese facer de dúas maneiras: 
MOTIVO RELIXIOSO: é dicir, pola relixión católica. Para ir a visitar ao Apóstolo Santiago na Catedral de Santiago, e así poder recibir á Compostela.
Imaxe de Pixabay
OUTROS MOTIVOS: é dicir, porque queres facelo. Neste caso, como x dixen, recibirías un certificado do peregrino. Isto non prohíbe á xente que non o fai por motivos relixiosos de ir a ver a Catedral de Santiago ou ao Apóstolo de Santiago. Neste apartado hai moitas razóns, vou poñer as máis frecuentes e as que máis coñezo. 
Moitos peregrinos a fan para deconectar, por exemplo, se acaban a universidade, traballo, instituto, etc.
Hai casos nas que o camiño o fai toda a familia. nese caso, a poden facer para ter unha familia máis unida.
Outra razón é para coñecer xente, xa que non hai límite de idades e podes coñecer a xente doutros países e de moitas idades diferentes. 
Tamén podes ir para coñecer novos lugares ou sitios, e moitas novas culturas.

Invítovos a facer algunha etapa do camiño, sexa relixiosamente ou non. O pasaredes xenial!

martes, 9 de abril de 2019

Camiño Kumano

OLA!!

Hoxe vos quero falar dunha cousa que me parece moi interesante e espero que a vos tamén os pareza.

Fai pouco entereime de que hai un novo camiño que se chama o Camiño Kumano que vai dende Xapón. Este non é Patrimonio da Humanidade xa que non ten aínda certos requisitos que ten que ter para selo. Non é o único que non sexa patrimonio da humanidade, mais hai outros moitos que tampouco o son. Este vai dende Xapón ata Santiago de Compostela, pasando polo norte, por exemplo por Sarria (onde pasei eu cando fixen o camiño). A súa credencial é moi parecida á que ensinei nos anteriores vídeos.
A credencial está en tres idiomas, Inglés, Xaponés e Castelán. Ten as ocos para poñer os selos de bares ou albergues e tamén a túa información propia, tamén un mapa do camiño. Ao final pon un pequeno texto. É moi parecido ao que ensinei eu no vídeo, pero non tan coñecido. Esta credencial a hai en poucos albergues, pero eu tiven a sorte de conseguila e explicar sobre ela.
Adeus a todos, irei colgando máis blogs, así que estade moi atentos!!!😃

Imaxe de Pixabay



sábado, 6 de abril de 2019

A miña experiencia

Ola mundo!

Hoxe quero falar sobre a miña experiencia facendo o Camiño de Santiago.

Para empezar, como xa dixen noutros blogs, eu fixen o camiño coa miña igrexa e algúns amigos e tamén co meu pai. Ao meu pai facíalle moita ilusión, xa que el traballa nun albergue de peregrinos. Traballou en moitos albergues, pero todos están en Santiago.

Esto foi fai dous anos, os fins de semana dende o mes de xaneiro ata o mes de xuño. Fixemos seis etapas dende Sarria ata chegar a Santiago pasando por Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa, onde hai un queixo moi bo e Arca; e ao chegar a Santiago visitamos a catedral. Eu era a nena máis pequena de todos, e aínda así o fixen. Axudábame o meu pai e os meus amigos e amigas. Coñecín a moita xente diferente e cada unha de diferentes nacionalidades e o pasei xenial.
As miñas recomendacións son: ir con roupa cómoda e cuns tenis ou deportivas que non sexan novos, e dicir, que xa camiñaras con eles, e cunha mochila con roupa de recambio, e uns tenis para despois cambiarte cando acabes ou por se caeste nun charco ou móllasate, xa que é moi incómodo andar coa roupa mollada. Tes que levar comida (eu recomendo barriñas enerxéticas ou comida con azucre), por se estás canso para que poidas comer e ter moita máis enerxía. Hai xente que leva un bastón para non cansarse tanto ao camiñar, eu as primeiras veces o levei pero as últimas veces non porque non me axudaba moito. O de levar bastón ou non é cuestión da persoa e se lle axuda ou non a facer o camiño.

mércores, 3 de abril de 2019

A credencial do peregrino e a Compostela 13.1

Noticia da semana 2: Naufraxio no mediterráneo.

Ola mundo!!!
Hoxe vos quero falar sobre esta noticia que pasou a semana pasada. Ten que ver con diferentes culturas e cun tema está pasando moito últimamente.
Noticia:
"Un neno que estivo no naufraxio do mediterráneo coseuse as notas escolares á súa roupa"

Fontes de información:

Resumo da noticia:
Un neno de catorce anos que estivo no naufraxio do Mediterráneo tivo a idea de coller as súas notas do seu colexio, xa que eran moi boas, e coselas á súa ropa. El pensaba que con esas notas ía ter máis posibilidades para entrar a España. Finalmente o corpo encontrouse morto. Unha muller italiana quixo explicarlle este tema ao Papa. O Papa esta moi afectado por este tema.

Opinión crítica:
A min dame moita pena ver a xente morrer en embarcacións polo mar, xa que esa xente só quere vivir nun mundo mellor. Sobre o tema do neno, as notas non lle ían servir de moito xa que os seus colexios non son coma estes pero tamén é verdade que era o único que tiña e o que lle facía sentir ben así que nese caso tivo boa idea. A pena é que morrera no intento.
Imaxe de Pixabay



   

martes, 26 de marzo de 2019

Noticia da semana 1: Atentado en Nova Zelanda

Ola a todos!!!

Hoxe quería falar sobre a noticia do atentado de Christchurch, en Nova Zelanda. Non ten moito que ver co Camiño de Santiago pero, decidín falar sobre isto porque ten que ver con motivos relixioso e últimamente estase anunciando moito nas redes.
Noticia:
"Atentado en Nova Zelanda. Prohiben as armas"
Resumo da noticia:
O día 15 de marzo, en Cristchurch, que está en Nova Zelanda, houbo un atentado en dúas mesquitas onde houbo decenas de mortos. O terrorista era de nacionalidade española, con 28 anos. El grabou todos os movementos, e, tamén o momento do atentado, coa súa GoPro, que é unha cámara para facer deporte e o transmitiu por unha rede social. Todos os habitantes de Christchurch pouderon ver esas imaxes non agradables. El ía matando a xente con diferentes armas, pero todas moi potentes. En Nova Zelanda deixan comprar armas, e, grazas ao atentado, prohibiuse comprar ou vender armas.
Opinión crítica:
A min non me parece nada ben que maten a outras persoas por ser ou pensar doutra maneira. Sobre as armas, esta mellor que prohíban as armas, xa que é mellor que non se volva a repetir. Así a xente está moito máis segura e sobretodo máis tranquila. Estou moi de acordó con esta nova lei!

venres, 22 de marzo de 2019

Camiños

Ola!
O camiño de Santiago é una experiencia que se pode facer por motivos relixiosos ou deportivos. Se o teu motivo é relixioso e queres conseguir a túa Compostela en Santiago terás que ter realizado al menos cen quilometros a pé ou douscentos quilómetros a bicicleta, a cabalo ou outros medios. Para demostrar que fixeches os quilometros que dís, cando chegues a Santiago na oficina do peregrino que se encuentra na rua Carretas deberás mostrar a túa credencial de peregrino. Na credencial tes que ir poñendo selos dos albergues nos que fuches parando no camiño, aínda que tamén podes poñer selos de restaurantes, igrexas etc. Así lograrás que te den a Compostela se o teu camiño foi por motivos relixiosos ou un certificado de facer o camiño se os teus motivos foron outros distintos do relixioso.
Os camiños que chegan a Santiago son: o Camiño Inglés, o Camiño do Norte, o Camiño Primitivo, o Camiño Francés, o Camiño do Sudeste ou mais coñecido como Vía da Prata, o Camiño Portugués, que pode ser pola costa, a ruta do Mar de Arousa e río Ulla, e por ultimo o Camiño de Fisterra-Muxía. En total son dez camiños xa que o Portugués pode ser pola costa. Hoxe vou especializarme no Camiño Francés. En total en Galicia fanse 156,7km. Vai dende Somport, que está en Francia ata Santiago de Compostela. En total, máis ou menos son 36 etapas que poden ser dende 14 km ata 39,7 km.
O máis coñecido e o que máis albergues ten é o Francés. Eu recomendo que, se non tedes experiencia no camiño, comecedes polo Francés. Non fai falta que fagas todas as etapas para darte a credencial ou certificado. Eu, por exemplo, fixen dende Sarria cos meus amigos da miña igrexa e déronme a credencial. Aínda que foran poucas etapas canseime moito pero mereceu a pena. Vos recomendo a todos facelo. Ata aquí o meu blog de hoxe. Espero que vos gustase e que vos pareza interesante. Non dubides en facer preguntas ou comentarios. Nos próximos blogs vos falarei de máis cousas. Espérovos!

Imaxe de pixabay
                                                     

A miña primeira entrada

Ola a todos!

 Eu son Carlota. Neste blog quero falar do Camiño de Santiago. Elixín este tema porque fixen varias etapas do camiño e encantoume a experiencia. O camiño de Santiago é moi coñecido polo mundo e creo que este blog será útil para as persoas que queiran comezar a facelo. Falarei dos tipos de camiño, do necesario que tes que levar na mochila, na vestimenta, que facer cando entras nun albergue, etc.

Espero que vos guste e que disfrutedes.

Imaxe de Pixabay

A miña última entrada.

Ola! Bueno, agora seguramente xa seredes uns bos peregrinos! Esta pode que sexa a miña última entrada. Espero que o pasásedes ben con e...